Catalonia Extreme Metal

Catalonia Extreme Metal
Grups de Metal Extrem dels Països Catalans

miércoles, 23 de abril de 2014

ESTE SABADO RIOBÒ NO LICEUM


ESTE SABADO RIOBÒ NO LICEUM
RIOBÓ
RIOBÒ
sabado 26 Abril / 23.30 h
6 € / 3 € (soci@s)
Begoña Riobó é, actualmente, a violinista con maior proxección no panorama musical galego. Cunha destacada traxectoria artística, na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou Sondeseu, preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o seu propio proxecto. Un proxecto no que se pon de manifesto o seu compromiso coa música de Galicia pois trátase de un repertorio netamente galego. Begoña Riobó é unha artista integral, que ademais do violín, domina á perfección instrumentos como a zanfona e arpa céltica, da que é mestra na escola de música tradicional “e-Trad”, en Vigo. Begoña é ben coñecida nos principais festivais internacionais, nos que ten tocado en numerosas ocasións con Carlos Núñez, Solas, The Chieftains, Sondeseu, Anxo Lorenzo, Susana Seivane e unha longa lista de grandes artistas. No 2013, entre outros concertos e festivais realizados, Riobó foi cabeza de cartel o día 12 de xullo no Festival do Mundo Celta de Ortigueira, compartindo escenario con grupos da primeira fila internacional e poñendo a bailar a miles de persoas nunha noite máxica. Riobó é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu primeiro traballo discográfico, que se caracteriza polo virtuosismo dos seus músicos á hora de arranxar e interpretar melodías da tradición galega, sendo fieis ás súas formas e orixe. Deste xeito, cada concerto convértese nunha mostra de sensacións, ademais dunha explosión de enerxía, onde conviven as raíces culturais máis puras con fórmulas interpretativas actuais. Acompañando a Begoña, en Riobó atópanse catro recoñecidos músicos cunha sólida traxectoria, habituais nos principais proxectos musicais de Galicia. Son Fernando Barroso (Guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzouki) e Fernando Pérez (Frautas e requinta). Marcos Campos, (gaita, acordeón e frautas). Formado como gaiteiro con mestres do talle de Xaime Estévez, Antón Corral ou Carlos Núñez, tomou parte en numerosos proxectos da época máis prolífica do folk galego. A súa experiencia como gaiteiro, e mestre de gaita, levouno a colaborar con The Chieftains na súa xira europea do disco Santiago. Fernando Pérez (frauta e requinta). Cunha sólida traxectoria no mundo da música tradicional, Fernando ten colaborado con grupos de primeira liña como Xarabal ou Berrogüetto. Actualmente é frautista titular da Orquestra Folk Sondeseu. Xosé Liz (bouzouki). Un dos músicos máis activos do panorama folk galego. Produtor, compositor e arranxista, domina con mestría os instrumentos de corda e as frautas de traverso, instrumentos dos que é mestre na escola de música tradicional e-Trad, en Vigo. Fernando Barroso, (guitarra). Un dos novos valores da música galega, cunha prometedora carreira baseada nun xeito vangardista de entender o acompañamento nos instrumentos de corda. A súa xuventude contrasta coa implicación deste músico en numerosas formacións de proxección internacional como Assembly Point ou Anxo Lorenzo.
www.begoriobo.com
https://www.youtube.com/watch?v=W7DPHfuVnMw&feature=em-share_video_user

No hay comentarios:

Publicar un comentario