TANGATA sábado 31 Maio / 23.30 h 6 € / 3 € (soci@s) Formación que leva en activo 25 anos de xeito ininterrompido, foi creada no ano 1988 arredor da figura de Artigas Anelo, bandoneonista do grupo e fundador do mesmo. Ao longo destas dúas décadas o grupo evolucionou pasando de ser un trío (bandoneón, piano e contrabaixo) a consolidalo como cuarteto coa incorporación do violín. O repertorio de Tangata é xa moi extenso, contando na actualidade con máis de 100 temas para os que Tangata conta con arranxos feitos exclusivamente para este cuarteto. Nos seus concertos o grupo fai un repaso pola historia do tango e interpreta dende os temas máis clásicos de músicos como Eduardo Arolas ou mesmo Gardel ata os máis modernos e innovadores do gran bandoneonista Astor Piazzolla. Tamén durante este tempo existiu unha parte de investigación e creación e Tangata conta con temas de creación propia. Tangata ten participado en importantes Festivais de Música e Certámenes de Tango de gran proxección internacional e ten recibido moi boas criticas e louvanzas, sendo considerado un dos grupos de tango máis importantes da Península Ibérica e ocupando un lugar destacado nas formacións que se dedican a este xénero en toda Europa. Nestes 20 anos de traballo Tangata editou tres cedés. O primeiro deles Como en octubre foi gravado dez anos despois da súa creación no ano 1988. Logo deste primeiro traballo discográfico o grupo meteuse de novo no estudio para gravar Trece. O seu traballo máis recente, Calambre, foi gravado en 2007 e viu a luz un ano máis tarde, a comezos de 2008. O cuarteto Tangata está composto por: Artigas Anelo. Bandoneonista uruguaio cunha longuísima traxectoria como músico de tango tendo tocado con algunhas das máis importante orquestras de Montevideo e acompañando a algún dos máis importantes cantantes de xénero; chegou a ser requirido por Mario Camus como asesor cinematográfico para unha película deste, La vieja musica. No ano 2005 foi invitado pola Orquesta Sinfónica de Montevideo a participar nunca serie de concertos dedicados ao tango. Laura Quintillán. Violinista tamén uruguaia que ten a honra de ser fundadora do grupo Milladoiro. Foi becada pola UNESCO e obtivo varios premios de Concursos de Xuventudes Musicais e na embaixada alemana en Uruguai. Na actualidade é profesora no Conservatorio Superior de Música de Vigo logo de exercer esta actividade nos Conservatorios de Santiago e A Coruña. Alberto Vilas. Pianista e actualmente exerce a súa actividade no Conservatorio de Pontevedra, logo de facelo nos de Lugo e Vigo. É xunto con Artigas Anelo un dos membros máis antigos de Tangata. Estudou piano e composición no Conservatorio Superior de Vigo e ten gravado cedés de musica de cámara e composto e gravado música para varios documentais. Moi interesado no jazz. Gustavo Adolfo Barcia. Contrabaixo. É o ultimo en incorporarse a Tangata facéndoo no ano 1998. É un musico incansable que participa e colabora con todo tipo de formacións tocando moi diferentes xéneros que poden ir da clásica ao folk. E por suposto ao Tango. Desenvolve unha importante labor pedagóxica nas Bandas-Escolas de Música. Estudou contrabaixo no Conservatorio Superior de Vigo e na actualidade é profesor no Conservatorio de Ourense, séndoo con anterioridade no Ferrol. https://gl-es.facebook.com/tangata.cuarteto | |
| |
PROXECCION CURTAS GAÑADORAS FESTIVAL DE CANS mercores 28 Maio / 22.00 h 3 € / soci@s gratis A edición do Festival de Cans deste ano é a undécima. E como cada ano o Bar Liceum volve proxectar as curtas gañadoras. Unha oportunidade para poder velas no caso de non telas visto durante o festival. Esta proxección é realmente o peche do Festival de Cans ata a tempada seguinte, a última oportunidade de sentir o espírito do Festival de Cans ata a vindeira edición. www.festivaldecans.com/festival2/index.php/gl |
he querido crear este blog para uso y disfrute de todos,colgare carteles de conciertos,enlaces para descargar discos,y videos,mios,de grupos y cualquier cosa relacionada con el metal,webs oficiales de grupos,revistas,blogs etc
martes, 27 de mayo de 2014
este sabado TANGATA NO LICEUM o mercores PROXECCION CURTAS GAÑADORAS FESTIVAL DE CANS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario