Catalonia Extreme Metal

Catalonia Extreme Metal
Grups de Metal Extrem dels Països Catalans

viernes, 28 de marzo de 2014

GRITO ROCK OURENSE 27-28-29 DE MARZO DEL 2014





GRITO ROCK OURENSE 2014 (27-29 MARZO 2014)
-NOTA DE PRENSA-
Ourense, 26/03/2014
Ourense “GRITARÁ” esta fin de semana a prol da cultura libre e a producción de código aberto a través dunha programación promovida e organizada por diferentes colectivos e axentes sociais e culturais da cidade, asociándose ao Festival colaborativo máis grande do mundo: O GRITO ROCK.
ESCUA, Lestrato, VOU Axenda, Cosmogonía, Asociación Cultural Auriense, Bilurico, Xeitura, VinculArte, Cineclube Padre Feijoo, e Os PerQtores de Seixalbo únense como productores e son os responsables do primeiro GRITO ROCK OURENSE que acontecerá entre o xoves 27 e o sábado 29 de marzo, cunha programación variada, aberta e inclusiva para todos os públicos.
O GRITO ROCK é un festival mundial e multidisciplinar baseado na Cultura Libre e na producción colaborativa que forma parte dunha Rede Global de Música e Artes que medra cada vez máis defendendo que Outro Mundo É Posible.
Este festival colaborativo naceu en Brasil no 2006 como un circuito cultural entre varias cidades para a celebración de concertos de rock e co obxetivo de facer posible unha mellor circulación das bandas participantes entre esas cidades.
Tras o éxito daquela edición, 6 años despóis, o Festival converteuse en referencia internacional pola súa metodoloxía baseada na colaboración e na autoxestión como unha alternativa ós modelos de producción cultural tradicionais, chegando a celebrarse en 2013 en 300 cidades de 30 países do continente Americano, xunto con Europa, África e Asia.
Alén diso, xa non se circunscribe somente a concertos de rock, senon que aborda toda una serie de artes integradas a través de diferentes campañas que van agregando nos territorios locais, todas aquelas expresions culturais e demandas sociais ou medioambientais de cada cidade en calquera formato, acollendo obradoiros, charlas, e actividades que lle outorgan unha dimensión multidisciplinar e formativa que favorece a transmisión aberta da cultura, das expresións artísticas así como do propio modelo de festival e tecnoloxías de producción e xestión.
En 2014, o GRITO ROCK acontece en 400 ciudades de 40 países, e desta beira do Atlántico se vai “GRITAR” nunha Rede Global de Música e Artes. Unha rede que medra e medra como alternativa fronte a esa agresividade do libre mercado controlado polas grandes corporacións, e tén como obxetivo visibilizar e potenciar unha nova narrativa global que racha coas regras da industria cultural tradicional baseada no dereito de autoría e que nos fala que Outro Novo Mundo é Posible.
O GRITO ROCK reivindica a cultura libre e a producción colaborativa de código aberto en oposición ás prácticas tradicionais na industria cultural, e facendo fronte á agresividade do libre mercado no entorno da cultura.
PÁXINA WEB DO GRITO ROCK MUNDO: http://gritorock.com.br
GRITO ROCK OURENSE: http://facebook.com/gritorockourense
PRODUCTORES GRITO ROCK OURENSE: ESCUA, Lestrato, VOU Axenda, Cosmogonía, Asociación Cultural Auriense, Bilurico, Xeitura, VinculArte, Cineclube Padre Feijoo, ou Os PerQtores de Seixalbo.
Fotografías de descarga libre do GRITO ROCK 2014

PROGRAMA GRITO ROCK OURENSE
XOVES 27

#GRITOVERDE _ BICICLETADA
Marcha ciclista en defensa dos vehículos alternativos de transporte.
Participación aberta e gratuita, para ciclistas e patinadores.
Hora e lugar: 20.30h dende a Subdelegación do Goberno (Parque de San Lázaro)
Organiza: Masa Crítica Ourense

VENRES 28

#GRITOPEQUE #GRITOESCENA _ SEMENTE DE ÁRBORES IMAXINARIAS
Nenos e adultos plantarán polas rúas sementes de futuras árbores imaxinarias, visitando tamén ancestrais árbores con historia que se atopan na nosa cidade.
Actividade aberta e gratuíta para adultos e nenos e nenas acompañados. Recomendado a partir dos 6 anos.
Hora e lugar: 18h dende a Rúa do Paseo (Parque San Lázaro)
Organizan: Cosmogonía e VOU Axenda

#GRITOROCK _ SECOND CHANCE + DEMON ROAD + GONE&LOST
Concertos das bandas Second Chance (Ourense), Demon Road (Ourense) e Gone&Lost (A Coruña)
Hora e lugar: 20h no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor)
Prezo: 5€, ou troco por servizos de hospedaxe de músicos, venda de merchandising, pegada de cartelería ou colaboración co servizo de cea. Infórmate na páxina do Grito Rock en Facebook ou en info@lestrato.com
Venda anticipada no Café Cultural Auriense e Brewpub “La Fábrica de Keltius”
Organiza: Lestrato - Rock & Conciertos

SÁBADO 29

#GRITOVERDE _ BICIPASEO PATRIMONIAL DE PRIMAVERA
Paseo en bicicleta pola cidade con parada e explicacións en torno á flora de parques e xardíns de Ourense.
Actividade aberta e gratuíta para todas as idades.
Se alguén non dispón de bicicleta poderá alugar unha no local de Bilurico.
Hora e lugar: 10h dende Bilurico (Ribeiriño, 5 – soto)
Organizan: Bilurico, Xeitura e VOU Axenda

#GRITOPEQUE _ PEQUEJAM
Obradoiro de fabricación de instrumentos con materiais de refugallo e jam session.
Para nenos e nenas a partir de 6 anos.
Prégase traer materiais de refugallo (latas, botellas de plástico…)
Hora e lugar: 12h no Local de ESCUA (Praza da Estrela)
Organizan: PerQtores de Seixalbo e Asociación Cultural Auriense

#COMPACTO.CINE _ GRITO CURTA
Proxección das curtametraxes
A incrible historia de Macareno e a puta milagrosa
Suicidio lamprea
O deber e a culpa
Hora e lugar: 17.00h – Biblioteca Nodal (Rúa Concello)
Organiza: Cineclube Padre Feijoo

#GRITOPEQUE _ MERENDAMOS EN FAMILIA - ROLDA DE CONVERSAS SOBRE CRIANZA
Actividades para nenos e nenas de todas as idades: pintura de dedos, arxila. Levamos a nosa merenda.
Hora e lugar: 18.00h – Xardíns do Pai Feijoo. En caso de choiva será no Local de ESCUA
Organiza: Vincularte, grupo de crianza con apego

No hay comentarios:

Publicar un comentario